Inspirada nas grandes orquestras galegas dos anos 60, 70 e 80, a Ardebullo Bin Ban Orquestra nace coa intención de recuperar o espírito dos bailes de antes, onde a música orixinal, en directo e de calidade era garantía dunha noite de festa e motivo de enconadas aficións. A Ardebullo Bin Ban Orquestra segue así o exemplo de orquestras históricas como Los Satélites, Los Trovadores de Pucho Boedo, Los Españoles, Los Player ou Orquesta Finisterre, recuperando tanto aquela estética como a formación artística e a figura do cantante-animador, a cargo dunha das personaxes máis emblemáticas dese contexto: Sito Sedes, mítico cantante de Los Satélites A Ardebullo Bin Ban Orquestra está formada por 12 músicos galegos: cinco na sección de vento, catro na sección rítmica e tres vocalistas, incluído Sito Sedes. Os directores da Ardebullo Bin Ban son o saxofonista David Paz e o trompetista Jose Somoza, antigo compoñente e director musical de Los Satélites

foto_ardebullo

 
mucha e nucha